CRTVG

Buscar

O xulgado continúa tratando de esclarecer a causa da morte do falecido en Oleiros en Noitevella

Publicado o 14/01/2020 14:37

Esta mañá declararon perante a xuíza o pai e mailo cuñado do falecido durante unha pelexa nun hotel de Bastiagueiro, en Oleiros, tras a celebración dunha festa de Noitevella. Ambos os dous fixérono como investigados por un delito de lesións. 

"Declararon o mesmo que ante a Garda Civil. Esta defensa o que pretende é que non houbo intención", asegura Diego Reboredo, avogado da defensa. 

Reboredo, que defende o mozo que está en prisión provisional comunicada e sen fianza como investigado por un delito de homicidio, manifestou que xa presentou unha petición de liberdade porque cualifica os feitos como un homicidio imprudente.

Quéixase da tardanza dos resultados da autopsia. Xa presentou un escrito para que coa maior celeridade, o Imelga, emita un informe. Di que será o que determine as causas da morte.

"Non está sendo doado de determinar, por iso tardan".

Explicou tamén que aínda están pendentes das probas máis obxectivas e imparciais, que son as declaracións dos empregados do hotel de Bastiagueiro e o informe dos forenses.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/01/2020

Máis sobre Oleiros