CRTVG

Buscar

O xulgado suspende o terceiro grao para os líderes independentistas presos en Lledoners

Publicado o 11/08/2020 20:39

O xulgado de vixilancia penitenciaria de Barcelona confirma a suspensión do terceiro grao aos líderes independentistas encarcerados en Lledoners.

A xuíza titular desestima os recursos presentados polos Jordis e polos cinco ex-conselleiros cataláns condenados polo procés, e reafirma a súa decisión de suspenderlles o réxime de semiliberdade que a Generalitat lles concedeu o pasado 14 de xullo. Di que así se manterán ata que se resolva o recurso da Fiscalía contra a súa clasificación.

Noticias web

11/08/2020