CRTVG

Buscar

O xulgado arquiva a causa contra Álex Bergantiños

Publicado o 20/08/2020 12:49

A xuíza sinala no auto que "da conversación mantida polo capitán co seu vestiario non se aprecia a existencia de ningún delito"

O xulgado arquiva a causa contra Álex Bergantiños
O xulgado de Instrución número 3 da Coruña acordou o sobresemento provisional e arquivo do procedemento aberto contra o capitán do Deportivo, Álex Bergantiños, pola presunta comisión dun delito de corrupción entre particulares no ámbito do deporte, confirmou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O futbolista foi denunciado pola Liga tras filtrarse un audio que mandou aos seus compañeiros de vestiario en que catalogaba de "paripé" o partido do pasado 7 de agosto co Fuenlabrada. A xuíza sinala no auto que "da conversación mantida polo capitán co seu vestiario non se aprecia a existencia de ningún delito".
Ademais, a maxistrada sostén que "resulta sorprendente a acusación realizada a Bergantiños de tentar alterar os resultados da competición, procedendo á súa detención de maneira intempestiva, trasladando mesmo efectivos policiais desde a capital para iso, sen practicar proba algunha con xogadores do outro equipo, por exemplo".