CRTVG

Buscar

O xulgado acepta o preconcurso de acredores de Barreras

Publicado o 07/10/2019 16:01
O xulgado acepta o preconcurso de acredores de Barreras

O Xulgado do Mercantil 3 de Pontevedra ditou este luns un decreto no que informa a Barreras da admisión do preconcurso de acredores que o estaleiro vigués solicitou a semana pasada, informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Con esta medida a empresa terá un prazo de catro meses nos que tentará chegar a acordos cos acredores para evitar o concurso.

Esta medida produciuse días despois de que fosen destituídos o presidente de Barreras, José García Costas, e dous altos directivos.

Pemex é o accionista maioritario do estaleiro vigués, co 51% dos títulos, a expensas de que as negociacións para a posible entrada do fondo investidor Oaktree, co que colabora Ritz Cartlon, que constrúe nas instalacións de Beiramar un mini cruceiro de luxo e encargou unha segunda unidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí