CRTVG

Buscar

O xulgado abre outra causa a Chaves e Zarrías por malversación

Publicado o 03/12/2019 13:58
O xulgado abre outra causa a Chaves e Zarrías por malversación

O Xulgado de Instrución número 6 de Sevilla abriu unha peza para investigar se Manuel Chaves,  ex-presidente da Junta de Andalucía, o ex-conselleiro da Presidencia Gaspar Zarrías e varios ex-altos cargos do Goberno autonómico cometeron prevaricación e malversación ao conceder unhas axudas a unha empresa de Xaén.

O xuíz de reforzo José Ignacio Vilaplana atende así a solicitude da Fiscalía Anticorrupción, que o pasado 18 de novembro solicitoulle que incoase dilixencias previas contra Chaves, Zarrías e outras trece persoas para investigar as subvencións concedidas en 1999 á empresa Hijos de Andrés Molina (Hamsa), daquela Campocarne e Primayor.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí