O xuízo polo caso Diana Quer comezará o próximo 29 de outubro en Santiago
Publicado o 07/06/2019 10:54

O xuízo pola morte de Diana Quer comezará o próximo 29 de outubro. No banco dos acusados sentará o único procesado por este crime, ocorrido na Pobra en agosto de 2016, José Enrique Abuín, alcumado o Chicle. Un xurado decidirá se é culpable ou non dos delitos de asasinato, agresión sexual e detención ilegal.
O corpo sen vida de Diana Quer apareceu o 31 de decembro de 2017 no fondo dun pozo dunha nave abandonada na localidade de Rianxo.