CRTVG

Buscar

O xuízo do 'procés' queda visto para sentenza tras a última palabra dos acusados

Publicado o 13/06/2019 10:39

Coa alegaiónc dos 12 líderes independentistas sentados no banco dos acusados, quedou visto para sentenza o chamado xuízo do 'procés', un dos máis importantes das últimas décadas. 

Despois de catro meses, medio cento de sesións e máis de catrocentas testemuñas, o xuízo finalizou como comezou, coas alegacións dos 12 acusados, que, como xa fixeron hai catro meses, defenderon que foi un xuízo político que os xulgaron polas súas ideas independentistas. A sentenza chegará, probablemente, despois do verán. Enfróntanse a penas de entre 25 e 16 anos de prisión polos delitos de rebelión, sedición, desobediencia e malversación. Se son condenados, os independentistas teñen a vista posta no Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

Os acusados dispoñían de 15 minutos como máximo para a súa alegación final, unha alegación en que non faltaron referencias ao tempo que levan en prisión e tamén ás súas familias. O ex-vicepresidente da Generalitat, Oriol Junqueras, foi o primeiro en intervir e tamén o máis breve. En apenas cinco minutos, Junqueras insistiu en que que votar non é delito, que non houbo violencia o 1 de outubro, e que polo tanto tampouco foi unha rebelión.

O ex-conselleiros Raül Romeva, Jordi Turull e Josep Rull cren que este xuízo só prentende escarmentar os independentistas. Jordi Sánchez denunciou o que considera abuso da prisión preventiva.

Tras a intervención de Mundó, o presidente do Tribunal declarou o xuízo visto para sentenza. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2019