CRTVG

Buscar

O xuíz Vázquez Taín ve na viaxe do Fuenlabrada "un delito contra a saúde pública"

Publicado o 28/07/2020 22:05

O Comité de Competición será o encargado de decidir se descende o Fuenlabrada por unha conduta neglixente. O instrutor do caso chama a declarar cinco persoas do Fuenlabrada. Son o dianteiro Hugo Fraile; o seu axente, o galego Rodrigo Fernández Lobelle, que asegurou que os xogadores non souberon que estaban contaxiados ata 3 horas antes do partido; o adestrador Xosé Ramón Sandoval; o presidente Jonathan Praena, e o doutor do equipo, Juan Manuel Blanco. A comparecencia ante o xuíz será telemática e terá lugar mañá ás 5 da tarde.

Noticias web

28/07/2020