CRTVG

Buscar

O xuíz rexeita a cautelarísima e o Deportivo terá que xogar en Segunda B

Publicado o 07/09/2020 15:56

• O xulgado do Contencioso-Administrativo dálle tres días ao CSD para que se pronuncie sobre o caso

O xuíz rexeita a cautelarísima e o Deportivo terá que xogar en Segunda  B
O Xulgado do Contencioso-Administrativo rexeitou a petición do Deportivo e do Numancia para aplicar a cautelarísima e aprazar a competición de Segunda División ata que a xustiza depurase responsabilidades polo caso Fuenlabrada.
O xulgado do Contencioso-Administrativo, con todo, dálle tres días ao CSD para que se pronuncie sobre o caso. O Consello Superior de Deportes, presidido por Irene Lozano, deberá valorar públicamente o ocorrido antes do inicio da competición.

Tras este novo revés xurídico, o Deportivo continuará exercendo accións legais polo ocorrido no caso Fuenlabrada. Ademais, o club aínda mantén aberta a disputa por presunta aliñación indebida do Estremadura.