O xuíz que excarcerou a Lula da Silva acepta ser ministro de Xustiza de Bolsonaro
O xuíz que excarcerou a Lula Inácio da Silva por corrupción acepta ser ministro de Xustiza do Brasil. O maxistrado Sergio Moro aceptou a proposta do presidente electo do país, o ultradereitista Jair Bolsonaro. Asumirá as súas funcións o vindeiro 1 de xaneiro. Bolsonaro dixo que o xuíz terá carta branca para combater a corrupción e o crime organizado.
Jair Bolsonaro tamén confirmou a súa intención de trasladar a Xerusalén a sede da embaixada do seu país en Israel.
Nun chío publicado no seu perfil de Twitter, Bolsonaro di que Israel é un Estado soberano e terá todo o respecto do seu Goberno.
O presidente electo brasileiro segue os pasos de Donald Trump, que anunciou en decembro de 2017 o traslado da embaixada do seu país a Xerusalén, cidade que recoñeceu como capital de Israel.
Guatemala decidiu o mesmo pouco despois.