O xuíz propón xulgar a Villarejo por espionaxe

O xuíz do caso Villarejo, Manuel García Castellón, comezou os trámites que levarán o ex-comisario a ser xulgado por primeira vez polo caso Tándem desde que en novembro de 2017 o ex-comisario ingresara en prisión preventiva polos seus presuntos labores de espionaxe a través da súa empresa, Cenyt. Tal e como lle reclamou hai uns días a Fiscalía Anticorrupción, o maxistrado da Audiencia Nacional deu por concluída nun auto unha das máis de vinte pezas do caso Tándem, a número 2, bautizada como Iron, en alusión ao nome do bufete Herrrero y Asociados, que supostamente encargou en 2013 ao ex-comisario que investigase un despacho rival - Balder IP Law-.
O xuíz propón xulgar 14 persoas por suborno, tráfico de influencias, revelación de segredos e falsidade en documento mercantil, entre eles Villarejo, a súa esposa, o seu socio Rafael Redondo, o ex-xefe da UCAO, o comisario Enrique García Castaño; o inspector Antonio Bonilla, así como os socios maioritarios do despacho Francisco Carpinteiro, Andrés Medina e Álvaro Martínez, e a María Ángeles Moreno, directora do departamento de Marcas Externas do bufete, ao que tamén procesa o maxistrado como persoa xurídica.