CRTVG

Buscar

O xuíz propón xulgar a familia Pujol Ferrusola por organización criminal

Publicado o 16/07/2020 19:48
O xuíz propón xulgar a familia Pujol Ferrusola por organización criminal

O xuíz da Audiencia Nacional José de la Mata propuxo este xoves xulgar a familia Pujol Ferrusola por formar unha organización criminal para enriquecerse durante décadas con actividades corruptas. Nun auto, o xuíz acusa os membros da familia Pujol Ferrusola de formar unha organización criminal que, aproveitando a súa posición privilexiada de ascendencia na vida política, social e económica catalá durante décadas, acumulou un patrimonio desmedido directamente relacionado con percepcións económicas derivadas de actividades relacionadas coa corrupción.

Procede contra o ex-presidente da Generalitat Jordi Pujol, a súa muller Marta Ferrusola e os seus sete fillos, ademais de contra outras 18 persoas que participaron ou colaboraron nas actividades ilegais, entre eles a ex-muller de Jordi Pujol Ferrusola, Mercé Gironés, ou os empresarios Luís Delso e Carlos Sumarroca.

Noticias web

16/07/2020