CRTVG

Buscar

O xuíz pídelle a Interior un informe sobre o protocolo que se segue en Baraxas cando chegan os viaxeiros

Publicado o 27/02/2020 15:23

O xuíz quere coñecer a normativa de Baraxas coa chegada de pasaxeiros e tamén pregunta sobre os funcionarios responsables de facela cumprir.

Un paso máis na investigación aberta por este xulgado de Madrid para intentar determinar se hai delito no encontro que mantiveron no aeroporto Delcy Rodríguez e o ministro José Luís Ábalos.

De momento, hai unha orde xudicial que lle prohibe a AENA destruír as gravacións de seguridade dese día.

As cintas aínda non foron reclamadas por este xulgado de Madrid, que atende unha querela presentada polo partido Laócrata contra os funcionarios que puideron facilitar a entrada de Rodríguez, que ten prohibido pisar solo na Unión Europea. Este mesmo xuíz tamén admitiu a trámite outra querela de Vox e unha denuncia do PP.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/02/2020