CRTVG

Buscar

O xuíz investiga se os empregados de Neurona traballaron na campaña de Podemos

Publicado o 01/04/2021 15:06

O xuíz do caso Neurona pídelle á UDEF, a Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal, que investigue se os traballadores desa consultora participaron na campaña de Podemos.

Quere analizar billetes de avión, rexistros de hospedaxe e outro material achegado polo partido de Pablo Iglesias para demostrar que empregados da consultora mexicana traballaron para eles nas eleccións de 2019.

O maxistrado quere probar así se os contratos foron reais ou simulados. O último informe da UDEF conclúe que Podemos fabricou o contrato con Neurona dous meses despois da campaña electoral investigada.

Noticias web

01/04/2021