CRTVG

Buscar

O xuíz imputa por terceira vez con prisión a Cristina Fernández por corrupción

Publicado o 18/03/2019 18:33
O xuíz imputa por terceira vez con prisión a Cristina Fernández por corrupción

Un xuíz arxentino dictou este luns un novo procesamento por presunta corrupción contra a ex-presidenta Cristina Fernández (2007-2015), o terceiro que inclúe unha orde de detención, aínda que seguirá sen facerse efectiva por ser senadora. O maxistrado federal Claudio Bonadio abriu un proceso penal contra a ex-mandataria nunha causa en que se investiga a importación con presuntos sobreprezos de buques con gas natural licuado durante o seu mandato presidencial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/03/2019