O xuíz imputa o presidente de Iberdrola pola espionaxe de Villarejo
Publicado o 23/06/2021 10:46

O xuíz da Audiencia Nacional Manuel García Castellón imputou o presidente de Iberdrola, Ignacio Sánchez Galán, na causa que investiga se a eléctrica contratou os servizos dol excomisario José Villarejo para espiar, entre outros, o presidente de ACS, Florentino Pérez.
O caso data de finais de 2019, despois de que se publicara que Iberdrola contratou a Villarejo para espiar un xuíz, infiltrarse en plataformas contrarias aos intereses da eléctrica, fustrigar membros do comité de empresa da central nuclear de Cofrentes ou investigar un accionista crítico coa xestión da empresa.