CRTVG

Buscar

Prisión para tres mozos sospeitosos de violar unha menor en Bilbao

Publicado o 28/02/2020 18:49

Tras pasar a noite en comisaría, os tres detidos foron trasladados a primeira hora da mañá do venres aos xulgados de Bilbao para prestar declaración. Finalizado o interrogatorio, o xuíz de garda decretou prisión para os sospeitosos, que foron trasladados ao cárcere de Basauri.

A agresión sexual tivo lugar durante a pasada fin de semana. Segundo contou a vítima, na noite do sábado saíu cuns amigos e houbo un momento en que, estando soa con eles, lle deron unha bebida que lle fixo perder a consciencia. Espertou ás seis da mañá do domingo, semiespida e desorientada. Unha muller que a viu chamou o 112 para pedir axuda. A menor tivo que ser atendida no hospital.

Este xoves, a Ertzaintza arrestou os sospeitosos, tres mozos de entre 18 e 21 anos, que contan con numerosos antecedentes policiais por diferentes delitos. O Concello da capital biscaíña publicou unha declaración de condena do que cualifican como agresión machista e unha grave e intolerable vulneración dos dereitos humanos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí