CRTVG

Buscar

O xuíz decreta prisión para o home que presuntamente matou a súa nai cun bate de béisbol

Publicado o 05/03/2020 19:39


O home, de 40 anos e de nacionalidade belga, detido por matar presuntamente a súa nai, de 81, cun bate de béisbol, foi enviado á prisión tras declarar perante o xuíz. O suceso produciuse a madrugada do pasado día 3 no domicilio familiar, na localidade alacantina de Torrevieja. Foi o propio home quen chamou os servizos de emerxencia para avisar de que súa nai estaba ferida porque lle caera enriba un armario. Porén, a Garda Civil comprobou que había signos evidentes de que o relato non era crible e de que se producira un episodio violento. Algún dos seus veciños sinalou que o home, a quen cualificaron de problemático, tiña unha orde de afastamento da nai.

"Hai pouco tempo puxéronlle unha orde de afastamento", afirma un veciño.

De feito, o Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana confirmou que existía unha orde de afastamento contra o detido, despois de que en xullo de 2019 fora condenado a traballos en beneficio da comunidade e a un ano de afastamento por malos tratos á súa nai.

Noticias web

05/03/2020