CRTVG

Buscar

O xuíz decreta o ingreso en prisión do acusado de asasinar a súa noiva en Laredo

Publicado o 04/01/2019 18:46

Un férreo dispositivo de seguridade protexeu o traslado de Tomás Maestro dos calabozos aos xulgados de Laredo. Apenas 100 metros de distancia en coche e con axentes antidisturbios despregados para evitar altercados. Pero só uns poucos veciños que lle chamaron asasino esperaban a chegada do autor confeso da morte a coiteladas da súa noiva. Maestro ten 29 anos e a súa vítima, Rebeca, tiña só 26.

Os investigadores aseguran que actuou con asañamento e que recoñeceu o crime tras entregarse á policía. O xuíz decretou para el prisión incondicional sen fianza. Ingresou no cárcere do Dueso, en Santoña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/01/2019