O xuíz decano de Santiago defende a nova sede do Imelga, xa que reforzará a protección das vítimas
Publicado o 18/06/2021 17:04
Avanzan os traballos para construír a nova sede do Instituto de Medicina Legal, en Santiago.
A Xunta presentou o concurso de ideas para definir o proxecto e que sexa unha realidade o antes posible. Investirán máis de 4 millóns de euros no novo edificio, que terá unha superficie de 3.200 metros cadrados.
O xuíz decano de Santiago destacou a importacia das novas instalacións como centro de atención ás vítimas da violencia de xénero.