O xuíz concédelle a Urdangarin o terceiro grao
Publicado o 03/09/2020 19:33

O xuíz concede o terceiro grao a Iñaki Urdangarin, condenado polo caso Noos. Unha decisión que aínda non é firme e é recorrible ante a Audiencia de Palma. De facerse efectiva, o marido da infanta Cristina pasaría a un réxime de semiliberdade. A Fiscalía oponse a esta concesión ao non ter cumprida a metade da pena imposta polo Tribunal Supremo. Urdangarin leva cumpridos dous anos e dous meses dos máis de cinco que ten de condena.