CRTVG

Buscar

O xuíz chama a declarar o ex-avogado de Podemos polo caso Dina

Publicado o 10/08/2020 13:48
O xuíz chama a declarar o ex-avogado de Podemos polo caso Dina

O ex-avogado de Podemos José Calvente acaba de ser citado como testemuña no caso Dina, que investiga o roubo do telefóno da ex-asesora de Iglesias. Calvente, que cuestiona a versión de Podemos neste asunto, declarará o 2 de setembro.

Hoxe tamén publica 'El Mundo' que o Servizo de Antibranqueo alertou en maio dos vínculos entre Podemos e a consultora Neurona. O informe di que a empresa recibiu 400.000 euros de Unidas Podemos por servizos en campaña electoral. Alertan de que un dos socios fundadores da consultora ten referencias negativas por un presunto caso de desvío de fondos.


 

Noticias web

10/08/2020