CRTVG

Buscar

O xuíz arquiva dilixencias contra o irmán de Carcaño

Publicado o 19/04/2021 19:01

Di que non ten relación co asasinato de Marta del Castillo

Miguel Carcaño e seu irmán Francisco pelexaban por asuntos económicos cando Marta del Castillo se meteu no medio a separalos.

A rapaza morreu asasinada e Miguel confesouse autor dos feitos. Pero despois de anos no cárcere, dixo que fora o seu irmán Francisco quen matou a Marta durante esa pelexa.
A familia da moza pediu hai tempo que se investigase a Francisco. Pero o xuíz acaba de rexeitar a súa solicitude.

Argumenta que Miguel Carcaño perdeu a súa credibilidade pola cantidade de veces que cambiou o seu relato dos feitos. Por iso cre que a súa palabra non abonda para relacionar o irmán co crime.

O que si aceptou o xuíz foi pedir unha copia dos datos do teléfono móbil de Carcaño, de Marta e doutras persoas que estiveron incluídas na investigación.

O seu obxectivo é obter información que poida axudar na localización do corpo da vítima. A el podería chegarse, por exemplo, revisando os movementos do acusado durante a noite do crime.

Miguel Carcaño cumpre unha pena de 21 anos de cárcere polo asasinato de Marta del Castillo.


 

Noticias web

19/04/2021