CRTVG

Buscar

O xuíz Andreu imputa a Ron e Saracho pola ampliación de capital do Banco Popular

Publicado o 04/10/2017 11:16
O xuíz Andreu imputa a Ron e Saracho pola ampliación de capital do Banco Popular

O xuíz da Audiencia Nacional Fernando Andreu investigará os ex-presidentes do Banco Popular Ángel Ron e Emilio Saracho polos presuntos delitos de falsidade societaria e administración desleal contra o mercado, falsidade documental e apropiación indebida no marco da ampliación de capital da entidade financeira en 2016.

En tres autos, o maxistrado admitiu a trámite tres querelas contra o Banco Popular e os dous ex-presidentes e membros do Consello de Administración. Citaranos en días e horas que aínda están pendentes de determinar.

Ademais, a Fiscalía Anticorrupción acordou abrir dúas pezas separadas. A primeira delas está relacionada coa ampliación de capital realizada en 2016 por un importe de 2.505 millóns de euros, e a segunda investigará se o mercado se manipulou mediante a publicación de novas que, segundo a querelante, contiña datos e informacións falsas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí