CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O xornalista ferrolán Enrique Riobóo escribe "La cara oculta de Pablo Iglesias"

Publicado o 05/11/2014 15:24






O xornalista ferrolán Enrique Riobóo traballou durante un ano con Pablo Iglesias, o líder de Podemos, na canle de televisión local que Riobóo dirixe en Madrid. Agora acaba de publicar o libro 'La cara oculta de Pablo Iglesias'.

O líder de Podemos non sae moi ben parado no retrato de Riobóo. Defíneo como un gran persoeiro, intelixente pero amoral. Di del que soporta mal a critica. Bo comunicador pero cunha mensaxe moi simple que moita xente necesita escoitar

Na televisión local de Riobóo, Iglesias dirixe durante un ano unha tertulia na que participan regularmente as persoas que agora dirixen Podemos.Sobre ese programa e o seu financiamento xira un dos capitulos máis delicados do libro.Un financiación que chegaba, asegura Riobóo, do Goberno de Venezuela e da televisión pública de Irán

Un Pablo Iglesias capaz de traizoar para conseguir o seus obxectivos. É a visión que do lider de Podemos ten Enrique Riobóo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí