CRTVG

Buscar

O xornalista, escritor, político e debuxante Luís Rei expón no Espazo Nemonon de Pontevedra

Publicado o 12/09/2021 20:25

E unha suxestión se andan por Pontevedra. É a exposición que se inaugurou no Espazo Nemonon, da cidade do Lérez.

Alí poderán ver nas vindeiras semanas as creacións de Luís Rei, nunha faceta para moitos descoñecida. Durante décadas foi xornalista nesta casa, na Televisión de Galicia, pero tamén escritor e nos últimos anos mesmo fixo a súa incursión na política.

Agora coñecemos o Luís Rei debuxante nesta exposición que leva por título Letra Pequena. Unha mestura de traballos recentes con obras realizadas hai case medio século. Lapis, tinta e acuarela para escribir e pintar nun formato diferente.

Noticias web

12/09/2021