O xornalista Arturo Maneiro, premio Diego Bernal 2021
Publicado o 10/11/2020 20:49
O xornalista Arturo Maneiro é o premio Diego Bernal 2021. A Asociación de Periodistas de Galicia outórgalle o premio pola súa "dilatada traxectoria profesional e polo seu produtivo labor en favor do asociacionismo profesional".
A traxectoria profesional de Arturo Maneiro estivo moi vinculada a esta casa. Foi director da TVG e da Radio Galega e desde 2009 ata a súa xubilación en 2016 formou parte do Consello de Administración da CRTVG.
Tamén exerceu a docencia na Universidade de Vigo e foi presidente da Asociación de Periodistas de Galicia durante 25 anos.