CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

O xornal "Mundo Gallego" estrea edición

Publicado o 21/02/2016 21:32

O Centro Galicia de Bos Aires lanzará nos vindeiros días unha nova edición do seu xornal "Mundo gallego". Achegámonos ata a súa redacción para ver cómo a preparan e tamén para coñecer a opinión dos seus lectores.

Dende fai 36 anos o xornal "Mundo Gallego" do Centro Galicia de Bos Aires recolle nas súas páxinas a actualidade dos galegos de un e outro lado do Atlántico.

Pablo Jorge Gago, director de "Mundo gallego", di:"Lo que hacemos es buscar contenidos de actualidad en España y Argentina y compartirlos con los lectores, así como reflejar la importancia de la comisión de cultura, festejos y deportes de nuestra institución".

Este diario bimensual estreou recentemente un novo deseño, máis visual e cun formato informativo máis áxil e atractivo para captar un público máis novo, tamén a través da súa versión para PC.

Pero son moitos os nostálxicos que seguen a preferir o contacto coas follas deste exemplar que conta con máis de 30.000 lectores fieis.

Horacio Marcote, lector de "Mundo Gallego" di: "Esto representa á nosa terra e polo diario enterámonos de tódalas cousas que pasan aló".

Sandra Rodríguez Ríos, lectora de "Mundo Gallego" di: "Me gusta mucho la agenda de los eventos que vienen, de los que podemos ir a ver".

Un xornal creado con moito mimo e dedicación por un equipo que traballa "ad honorem".

Cunha tirada en papel de 9.000 exemplares entre os próximos retos de Mundo Gallego está o de optimizar a súa versión online e mellorar a súa presenza nas redes sociais para adaptarse -din- ós tempos que corren.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí