O xogador lucense Borja Domínguez analiza o seu exequipo, o Alcorcón
Publicado o 04/07/2020 14:49
Para o lucense Borja Domínguez, ex-xogador do Alcorcón a última campaña, as razóns están no estilo de xogo: "O Alcorcón é un equipo moi rexo, un equipo duro que durante todos estes anos tivo un bloque forte".
Borja Domínguez non se sorprende coa gran campaña do Alcorcón na que está a loitar por meterse en postos de promoción grazas ao seu magnífico rendemento fóra da casa onde segue invicto.
Borja, que xa se atopa na recta final da súa recuperación, confía na salvación. Pensa que están "nun momento en que temos que estar máis xuntos ca nunca, creo que o equipo está supermentalizado, estamos convencidos de que esta situación a podemos sacar".