O Xoel López máis sinfónico
Publicado o 25/09/2020 14:16
Xoel López ensaia un dos seus éxitos coa Sinfónica de Galicia. Dous camiños musicais que conflúen nun concerto: o lirismo inclasificable do cantante e a mestría clásica da orquestra.
Xoél López tiña 15 anos cando naceu a Sinfónica de Galicia e el compoñía as súas primieras cancións.
Daniel Garcia Artés, o director do Coro Xoven, fixo os arranxos. Dirixe a orquestra outro músico da xeración de Xoel: Dima Slobodeiouk.
As entradas para unha ocupación de máis de mil persoas estan case esgotadas. Tamén vai ser retransmitido en streaming. Soarán cancións do seu próximo disco El tigre de Bengala.
Este sábado no Coliseo os camiños da musica conflúen para esquecer os problemas: Xoel López e a Sinfónica de Galicia en concerto.