O Xirona reclama o seu lugar en primeira se se proban as revelacións da Oikos
Publicado o 05/06/2019 17:52
E a todo isto. Que vai pasar cos amaños? Vai descender o Valladolid? Noutras ligas, os implicados foron castigados. O Xirona está pendente se lle restan seis puntos ao cadro pucelano.
"Nós baixamos deportivamente como equipo á segunda división, pero ante os feitos que se están a denunciar, se se demostrasen que son verdade, xa vos dixen que somos un equipo prexudicado e, polo tanto, nós entenderiamos que temos que defender os nosos dereitos e teriamos que facer prevalecer a nosa posibilidade de sermos un equipo de primeira división".