O Xirona impón o seu enorme poderío diante do Ensino (88-53)
Publicado o 07/11/2020 11:43
Pouco puido facer o Durán Maquinaria Ensino diante dun dos equipos máis potentes da Liga Feminina de baloncesto. O Spar Xirona gañou con claridade (88-53) demostrando desde o primeiro minuto o seu gran potencial (9 triunfo e 1 derrota).
O primeiro cuarto deixou ás claras a dificultade do partido (18-8) que quedou sentenciado na segunda metade (45-21). No terceiro período as diferenzas achegáronse aos corenta puntos e o último cuarto foi o dos minutos do lixo. Vega Gimeno foi a mellor das lucenses con 12 puntos.