O xirasol gaña peso como cultivo forraxeiro
Publicado o 10/09/2020 14:48
Esta plantación de dúas hectáreas de xirasois pertence a unha granxa de Xustás, en Cospeito. Sementaron con esta planta forraxeira un total de cinco hectáreas de terras onde o millo se desenvolvía pouco. O cultivo deuse ben, e ao contrario ca o millo, non sufriu ataque ningún por parte do xabaril.
Coma esta explotación de Cospeito, cada vez son máis as que se animan a plantar xirasol para evitar os ataques do porco bravo. En canto aos resultados como forraxe, tamén esperan que sexan mellores unha vez o mesturen co millo.
Co xirasol tamén aforraron en medidas de protección, posto que non tiveron que instalar pastores eléctricos.