O xeo causa problemas nas estradas de todo o país
Publicado o 05/01/2021 11:22
Moitos problemas nas estradas a causa do xeo. As temperaturas xélidas desta noite deixaron as calzadas como pistas de patinaxe e causaron numerosas incidencias.
No concello da Laracha, por exemplo, onde esta noite se viviron tamén temperaturas baixo cero, provocaron varias saídas de vía que afectaron un autobús, unha ambulancia e tamén vehículos particulares.
Máis sobre actualidade
14/04/2021 21:44