O xeneral De Villegas: "A retirada de Afganistán foi ás presas, unha fuxida"
31 de agosto, cúmprese o prazo e os Estados Unidos finalizan a operación de evacuación, incluso sucedeu horas antes. Marchan de Afganistan tras 20 anos de ocupación. Foi o pacto acadado cos talibáns.
Os militares norteamericanos estaban á fronte dunha coalicición internacional, en que tamén participaba España. Miles dos nosos soldados contribuíron á seguridade naquel país. Un deles foi o xeneral Vicente Díaz de Villegas, que fora tamén xeneral xefe da Brilat. "A retirada dos EUA foi ás presas, unha fuxida".
"Non axudou o anuncio de retirada do presidente Obama, porque o tempo estaba do seu lado", explica
"As forzas afgáns quedaron sen loxística, sen apoio. Tampouco se conseguiu eliminar a corrupción nas súas filas", explica. "Militarmente fíxose un bo traballo, pero non quedaron claro os obxectivos políticos da misión", di.
"Os talibáns buscarán unha apertura internacional, pero a nivel interno, na imposición da lei islámica, non van afrouxar", advirte.