CRTVG

Buscar

O xefe dos antidisturbios dos Mossos cuestiona o papel de Jordi Sánchez

Publicado o 06/05/2019 19:31

O xefe dos antidisturbios dos Mossos d'Esquadra denunciou no xuízo do procés a actitude de Jordi Sánchez durante o rexistro na Consellería de Economía da Generalitat o 20 de setembro de 2017. Segundo dixo, ordenoulles que non actuasen contra os manifestantes e chegou a cuestionar a Trapero por mandalos alí.

"A actitude de Jordi Sánchez foi altiva e prepotente. Esixiume que retirase a brigada, porque iso non era o que tiñan acordado, e que nos fósemos de alí. Colleu o teléfono e non sei se chamou o presidente ou o conselleiro, pero escoitei que decía 'Trapero perdeu a cabeza, dilles que se vaian inmediatamente de aquí'", dixo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/05/2019