CRTVG

Buscar

O xefe de investigación do 1-O di que Cataluña era "unha polvoreira"

Publicado o 26/03/2019 19:45

O coronel da Garda Civil Daniel Baena, que dirixiu as investigacións sobre os preparativos do referendo, asegurou que os rexistros en empresas e consellerías marcaron un cambio no ton das mobilización en Cataluña. Fixou o 20 de setembro como o comezo dun período que cualificou de "insurrección", e que para a súa idea, converteu Cataluña "nunha polvoreira" onde había que medir cada paso que se daba.

Daniel Baena, tenente coronel da Garda Civil: "Claramente insurreccional. Aquilo era unha polvoreira, e calquera actuación podía provocar un mal maior, por iso non se fixeron detencións que noutra situación si que se farían. A sensación que tiñamos os tres corpos policiais de que aquilo era unha polvoreira é incuestionable".

A preguntas das defensas, que puxeron en dúbida a súa imparcialidade, Baena negou estar detrás dunha conta de Twitter que durante anos verteu ataques contra o procés.


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/03/2019