CRTVG

Buscar

O xaponés Yoshi Muroya logra a vitoria na primeira proba da Red Bull Air Race en Abu Dhabi

Publicado o 10/02/2019 12:57

O piloto xaponés Yoshi Muroya logrou o triunfo na primeira das oito probas puntuables para o Campionato do Mundo de Acrobacia. Deste modo, o que fora campión en 2017 colle unha pequena vantaxe sobre o checo Martin Sonka, campión en 2018, e sobre o resto dos participantes.

A capital dos Emiratos Árabes Unidos foi o escenario, como xa é tradición, do inicio das carreiras aéreas acrobáticas, reservadas para expertos no manexo destas pequenas pero potentes avionetas que tanta pirueta teñen que facer.

Entre os 14 pilotos que participan nesta décimo segunda edición da Red Bull Air Race figura un español, Juan Valverde, que compite por cuarto ano consecutivo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/02/2019