CRTVG

Buscar

O xaponés Isozaki, con obras en Galicia, novo premio Pritzker

Publicado o 05/03/2019 22:21

O arquitecto, urbanista e teórico xaponés Arata Isozaki, de 87 anos, é o novo premio Pritzker. Segundo o xurado, que anunciaba a decisión hoxe en Chicago, recibe o galardón 2019 por unha obra que supera o marco da arquitectura para formular cuestións que trascenden eras e fronteiras.

E dentro das nosas fronteiras, Isozaki é o creador, en Santiago de Compostela, do proxecto do Parque Universitario de Vista Alegre e do Centro de Estudos Avanzados. E na Coruña, do museo interactivo da Domus. Amais da Cidade do Motor de Aragón e da Porta de Triana de Sevilla, son seus proxectos relevantes en Barcelona, coma o Palau Sant Jordi, que deseñou para os Xogos Olímpicos de 1992. Mesturando tradición e tecnoloxía, é considerado un visionario en todo o mundo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/03/2019