O Xapón restrinxe a entrada de viaxeiros dende España
Publicado o 28/06/2021 20:57

A partir do xoves os españois non poderán viaxar ao Xapón. O Goberno nipón inclúe España na listaxe de 159 países que teñen prohibida a entrada. Os xaponeses ou os estranxeiros con residencia no Xapón que cheguen desde España si poderán entrar, pero terán que gardar unha corentena de 3 días e despois facer unha proba de coronavirus.
O Xapón xustificou o aumento das restricións polo aumento da variante delta.