CRTVG

Buscar

O Xapón prepárase ante a chegada dun supertifón

Publicado o 12/10/2019 12:17

Os xaponeses agardan que este sábado cruce o seu territorio "Hagibis", un dos peores supertifóns da historia do país. Operadores ferroviarios e aeroliñas suspenderon masivamente os seus servizos para evitar catástrofes.
Segundo a axencia meteorolóxica do Xapón, agárdase que a influencia deste fenómeno empece a sentirse no suroeste do país, con refachos de vento de máis de 210 quilómetros por hora, e que na noite do sábado cruce pola rexión de Chiva, ao leste de Toquio. Coincidirá tamén cunha lúa chea próxima, polo que os niveis do mar estarán máis alto do habitual e pode provocar mareiras ciclónicas e ondas superiores os 10 metros de altura.

Moitos residentes lembran aínda o paso do tifón "Ida", en 1958, que causou máis de 1.200 mortos, pero hoxe en día están máis preparados e xa levan días traballando para evitar as consecuencias do "Hagibis".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2019