CRTVG

Buscar

O Xacobeo 2021 ocupa o centro das propostas de Galicia na feira de FITUR

Publicado o 23/01/2019 21:21

odos eles terán a oportunidade de coñecer tamén a oferta turística galega, un abano de posibilidades que este ano se amplia se cabe.

Oferta renovada a de Galicia en FITUR. A 23 meses do Ano Santo, o Camiño segue lanzando os seus reclamos, pero agora convive con invitacións a coñecer o país a través das súas árbores senlleiras, dos seus fondos submarinos ou cunha guía de zonas históricas para relamberse.

O enoturismo ocupa un lugar destacado: a Xunta impulsa unha estratexia común para as cinco comarcas vitivinícolas. E dese inesgotable baúl dos tesouros que é Galica, emerxen este ano as pegadas dos fenicios. E é que poucos lugares do mundo poden presentar un guía turístico fillo de Breogán.


A Ribeira Sacra, un dos puntos fortes de Ifema
Un dos escaparates de Galicia en Fitur é a Ribeira Sacra que acaba de ser declarada Ben de Interese Cultural. Preséntase como un dos segredos mellor gardados do interior e amosan as múltiples opcións que ofrece este lugar. Dende percorridos en globo ata importantes tesouros artísticos nos mosteiros e igrexas que acolle.

Beatriz estudou historia e especializouse en turismo. Desde hai 20 anos o seu empeño persoal e profesional é poñer en valor o gran patrimonio desta zona na que confluen as cuncas do Miño, o Sil e o Cabe. A parte da evidencia da beleza natural, o outro gran reclamo é que conta coa maior concentración de arquitectura románica de Europa.

Por iso a incluen nas rutas regulares que organizan cada verán para ver as construcción máis destacadas desa época. Grazas a un convenio co bispado de Lugo, poden ademáis acceder ao interior de todas elas e descubrirnos tesouros que ata non hai moitos anos eran descoñecidos, como as pinturas renacentistas que coa chegada da moda barroca foran tapadas por capas de cal.

Pero amáis de contextualizar as figuras do século XVI, Beatriz chama a atención sobre outros engados que se poden ver en certas épocas do ano, cando reaparece a colonia de morcegos que se asentou aquí desde que a igrexa quedou abandonada nos anos 60.


Gonzalo Caballero reclama un turismo sostible e de calidade
O secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, achegouse á inauguracion da feira e apostou dende alí por un turismo de calidade e respectuoso co medio.
Caballero trasladou o seu apoio ás administracións que están na feira promovéndose e dixo que os datos de 2018 reflicten unha ralentización no ritmo de chegada de turistas a Galicia. Reclamou da Xunta novas medidas como un plan de transporte que facilite a mobilidade dos turistas por toda a comunidade.






 

Noticias web

23/01/2019