CRTVG

Buscar

Reactívase o plan de control do xabaril en Lugo tras apareceren novos animais

Publicado o 03/09/2019 15:42

Coa luz do día son visibles as pegadas do paso dos xabarís durante a noite. O xardín da mediana da rolda do Carme está todo levantado. Nesta ocasión, os veciños viron que se trataba dunha femia e tres crías.

Coa chegada da noite pasean polo medio da estrada sen temor a seren atropelados e co risco que isto supón para os condutores que usan esta vía. A Policía Local viuse obrigada a sinalizar a zona para evitar accidentes. Os veciños din que se trasladan dende esta leira chea de maleza que comunica cunha carballeira xa cerca da zona do río.

A Xunta acaba de reactivar o plan para controlar a poboación de xabaril nas zonas periubanas. De novo faranse esperas nocturnas con arqueiros profesionais e instalaranse gaiolas nas zonas de paso destes animais. O ano pasado calcula que había uns 62 exemplares nas inmediacións da cidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/09/2019