O xabaril causa numerosos estragos en Esposende
Publicado o 02/08/2021 14:41
Pódense apreciar as pegadas, aínda frescas, dunha manda de xabarís que levantou parte dunha viña en Esposende. O terreo está valado e pegado as casas pero iso non evita os ataques do porco bravo.
Félix colócalle cinta para evitar que volva o xabaril. O problema din, xa non é o que come, senón os estragos que causa tanto nas cepas como nas árbores froiteiras.
Reclaman máis batidas para intentar controlar a poboación e minimizar os danos que cada vez son maiores nesta zona de viñedo do Ribeiro.