CRTVG

Buscar

O xabaril rompe o valado e estraga o xardín botánico de Ourense

Publicado o 13/09/2019 16:41

Nin os centros das cidades se salvan dos ataques do xabaril, desta volta no xardín botánico de Ourense.

O responsable do parque está desesperado. Di que pasa todos os veráns, pero este ano está a ser especialmente fatídico. O parque ten un perímetro de 2.700 metros. Está valado, pero non hai peche que resista o empurrón dos xabarís, que buscan a frescura da rega automática. As zonas húmidas acaban completamente devastadas. Ata cinco horas diarias emprega o persoal do parque en reparar os danos.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2019