CRTVG

Buscar

O xabaril estraga unha leira acabada de sementar de millo en Méixome, Lalín

Publicado o 21/05/2019 14:54

O xabaril xa comezou a facer estragos no lugar do Castiñeiro, na parroquia lalinense de Méixome. Esta leira dunhas tres hectáreas, da que se abastece unha explotación gandeira, foi a afectada, cando aínda acababan de plantar o millo e aínda nin sequera agromaban as plantas. A presenza do animal repetiuse nas últimas noites.

Conta que é a primeira vez que lles entra nesta parcela, pero xa tiveran que lamentar episodios coma este noutras leiras da súa propiedade. Neste eido, os estragos ocasionados estes días ascenden a uns 500 euros aproximadamente, despois de que fose necesario replantar o millo.

Para facerlle fronte ao xabaril, probaron a usar repelente, pero non foi efectivo e o animal volveu a aparecer. Reclaman outro tipo de solucións. Piden tamén indemnizacións, para poderlles facer fronte aos danos.

Noticias web

21/05/2019