CRTVG

Buscar

O xabaril estraga leiras e acaba co alimento do gando en Carballo

Publicado o 22/10/2021 15:17

Completamente desfeitas. Así deixou o xabaril boa parte das leiras de varios lugares da parroquia carballesa de Baldaio, coma este de Rebordelos.

E o peor, din, é que cada vez son máis. Explican que o xabaril, amais de estragar as leiras, acaba tamén co alimento do seu gando.

Así que, para evitar novas invasións, tomaron medidas. E outros decidiron adiantar a recollida do millo.

Porque como están nun espazo natural incluído na Rede Natura pola presenza de especies protexidas, non é posible acometer unha batida, pero si reclaman máis control.

Noticias web

22/10/2021