CRTVG

Buscar

O xabaril arruína os cultivos dunha horta do lugar de Muíños, no municipio da Lama

Publicado o 31/08/2021 14:23

O xabaril xa colleu por costume visitar a horta de Rita e Raúl Caleiro, no lugar de Muíños, na Lama. Leva varias noites entrando nestes terreos: "Xa vai a terceira. Entra pola rede. Ten a rede toda rota, de arriba a abaixo".

Nestas visitas, ademais de desfacer o valado, acabou con todos os cultivos que tiñan na horta, onde investiron cartos e moito traballo e ilusión: "Os estragos son tremendos. Moveu toda a terra. Había patacas, leitugas, pementos, pementos de Padrón, verdura para as galiñas... Sacou todo".

E temen que o xabaril poida facer algo peor: "Medo temos bastante. Imaxina que esteamos aquí, non dean saído e que se reboten contra nós. Iso é un perigo enorme".

Xa denunciaron o seu caso, pero lembran que non son os únicos do lugar que sufriron os ataques do xabaril. Din que os estragos que causa nesta zona son continuos.

Noticias web

31/08/2021