O xabaril arrasa oito hectáreas de millo no concello da Estrada
O xabaril está a causar estragos no concello da Estrada. Na parroquia de San Pedro de Ancorados acabou con máis de 8 hectáreas de millo repartido en varias fincas. Os agricultores piden á administración que autoricen batidas o antes posible para intentar paliar os danos.
O porco bravo non da tregua aos agricultores da Estada. Nos últimos días realizou incursións en varias fincas de San Pedro de Ancorados e estragou máis de oito hectáreas de millo. A maioría eran plantacións destinadas a forraxe.
Manuel Silva, co-propietario da explotación O Chamor, di que xa empezou cando sementaron, que lles levantou catro hectáreas e tiveron que volver a sementar e agora volveu a arrasarlles con todo outra vez. Asegura que van quedar sen nada para darlle aos animais"
Din que a única solución para acabar con estas incursións é autorizar batidas para intentar reducir a súa presenza na zona, que segundo apuntan é moi elevada.
Manuel García- Cazador e agricultor de san Pedro de Ancorados asegura que as batidas son boas. Di que o ano pasado tiveron dous días de batidas e mataron doce porcos e máis os que escaparon. Denuncia que cabana de xabarís é moi grande e que os agricultores traballan prácticamente para eles.
Manuel Silva, co-propietario da explotación O Chamor , afirma que hai poucos días cerca da explotación contaron 17 porcos bravos xuntos nun prado, e advirte que esa cantidade de animais pode arrasar con dúas ou tres hectáreas nunha noite. Asegura que non sabe se haberá que chegar aos niveis de Alemaña e Bélxica onde mandaron o exército para acabar cos xabarís pero di que algo hai que facer se queren quedar garantir a supervivencia das explotacións.
Os agricultores da zona advirten que se non se soluciona o problema do xabaril moitas explotacións acabarán pechando.