CRTVG

Buscar

O West Ham ofrece 43 millóns por Maxi Gómez

Publicado o 05/07/2019 21:52
O West Ham ofrece 43 millóns por Maxi Gómez


A chegada de Mina dependerá do que aconteza con Maxi. Valencia e Celta teñen apalabrado o intercambio de xogadores, unha compensación económica e a cesión de Jorge Sáenz. Pero o West Ham pon sobre a mesa 43 millóns polo uruguaio. Segundo avanza a Radio Galega, o Celta rexeitou a oferta e esixe os 50 millóns da cláusula e ao contado. Hai un novo problema. Os representantes de Maxi pídenlle ao Valencia tres millóns pola operación. O club ché non está polo labor.
 

Noticias web

05/07/2019